A programación das Letras Galegas en Viana do Bolo culminará mañá con diversas propostas dirixidas a toda a cidadanía. Así a mañá do 17 de maio estará amenizada na praza Maior con música a cargo dunha charanga local e logo farase unha lectura pública e voluntaria da obra de Florencio Delgado Gurriarán, aberta ao público de todas as idades.
Así mesmo, na tarde do 14 de maio impartíase na praza Maior da vila un obradoiro infantil de marcapáxinas. Tamén se realizaba o obradoiro “Pedra, tradición, a lingua no Pilón”, dirixido á cativada e que consistirá “na decoración de pedras nas que, a través da creatividade, os participantes expresarán a importancia da nosa lingua. As pedras decoradas serán exhibidas na praza Maior de Viana (no chan e no aire) ata o 18 de maio.
Ademais nestes días a torre do castelo loce unha iluminación especial con motivo das Letras Galegas.