CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A festa das Letras Galegas, no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Barco

 

Coma todos os anos o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco celebraba o pasado venres a súa particular festa das Letras Galegas. “E este ano, máis ca nunca, si que é unha festa, por estar adicadas ás cantareiras, personificadas en sete pandereteiras de Muxía, Cerdeda e da parroquia de Mens de Malpica de Bergantiños”, aseguran dende o centro.

 

 

A festa estivo animada polo grupo de pandereteiras e pandereteiros do colexio, leron as biografías das cantareiras e coñeceron parte das súas coplas. “Tamén houbo tempo para entregar os premios do concurso de fotografía e para oírmos as coplas de maio que presentamos no concurso dos maios do colexio”, engaden, asegurando que foi unha xornada moi fermosa, “tanto como a nosa lingua”.

 

 

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Artigos relacionados

Back to top button