Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na mañá deste luns 25 de novembro, tiña lugar unha concentración no exterior do Concello de Vilamartín de Valdeorras no decurso da cal se procedía a dar lectura a un manifesto.

No marco desta conmemoración e “froito do traballo das mulleres asistentes ao taller de manualidades de Vilamartín, organizado e impartido por Verónica Vieira/ Por las ramas estudio”, a Casa do Concello conta estes días coa exposición temporal ‘Mulleres de Lenda’ comisariada por Servizos Sociais e a Concellería de Cultura do Concello de Vilamartín.

Fotos cedidas.



