CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Lembranza ao pobo palestino nos actos polo Día da Paz no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Varios eran os centros escolares que na celebraban hoxe o Día da Paz. O Colexio Divina Pastora do Barco facíao na praza do Concello xunto a parte da corporación municipal, e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa no propio centro con diferentes actividades en varias zonas do patio.

 

 

Na primeira, o alumnado de 6⁰ curso realizou unha pequena representación da situación que está a vivir a xente de Palestina na zona de Gaza e, en especial os nenos. Na segunda zona o alumnado ía colocando uns tixolos previamente coloreados para conformar a bandeira palestina. A terceira zona era o “O Pote da Paz” onde ían cocendo a lume lento todas as mensaxes, en forma de desexos, dirixidas a mellorar a convivencia. Por último, prepararon unha zona lúdica onde os alumnos desfrutaron duns xogos cooperativos.

 

 

Unha vez que todo o alumnado pasou por estas zonas, reuníanse no patio principal para botar globos ao aire.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button