Na fin de semana do 25 ao 27 novembro terá lugar en Pontevedra o Campionato de España Cadete, Júnior e Sub-21 de Karate no que competirán dous karatecas do Club River Stone do Barco.
Lena Álvarez Pérez, que lograba a prata no galego, competirá en kata individual júnior feminino; mentres que Enzo Prieto Fernández faráo en kata individual cadete masculino tras lograr o bronce en Ferrol.
Unha semana antes da cita nacional, para preparar esta importante competión, Lena e Enzo asistían en Teo (Santiago de Compostela) á concentración previa, acompañados polo seleccionador galego e adestrador do club barquense, Nicolás Rodríguez.