SanidadeÚltima hora

Leve caída de casos activos de Covid e de hospitalizacións na provincia

O Hospital de Valdeorras rexistra 6 ingresos, 2 menos que onte; mentres o de Verín ten 6 e o de Ourense rexistra 23

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo de varios días de ascenso nos casos activos de coronavirus, neste sábado a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexístrase unha baixada. Así, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, actualizados ás 18h. do 18 de decembro, na provincia hai 478 positivos (2 menos que onte), dos cales 32 están hospitalizados en planta (4 menos que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Caen así mesmo os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 18 (fronte aos 49 de onte).

Ademais baixan os ingresos. No Hospital Público de Valdeorras hai 6 persoas hospitalizadas en planta (2 menos que onte), mentres o Hospital de Verín ten 6 en planta (as mesmas que onte), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 20 en planta (2 menos que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.095, con 7.310 curados e 306 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 127.827 probas PCR e 66.445 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button