CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Literatura, astronomía e música no Festival Al-Majisti, na Veiga do 17 ao 19 de maio

está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, e do director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, presentou esta mañá na Delegación Territorial o festival ‘Al–Majisti’, que se desenvolverá os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega.

Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome ‘Al–Majisti’ é o topónimo árabe traducido como “o máis grande , o grande tratado” e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, -sinalou Manuel Pardo- “que o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio”.

O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidade de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán, e terán -sinalou do delegado territorial- “a posibilidade de pasar unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da provincia de Ourense”.

Programa

O 17 de maio será o día “do Mare Nostrum á Mar Océana“. Está dedicado a Ptolomeo, á navegación astronómica e a Cristobal Colón e outros descubridores.

O 18 de maio será o día “do Mare Nubium: Alphonsus“. Será o día de Afonso X O Sabio e de Violante de Aragón.

E o 19 de maio e 2024 será o día “do Finis Terrae : Gallaecia“. Día dedicado a Galicia, onde se abordarán as figuras de Cristobal Colón galego e Afonso X e Ourense .

Nos encontros literarios, os autores asinarán as súas obras que serán distribuídas aos asistentes. Como actividades paralelas están previstas as actuacións musicais de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Coanhadeira.

As observacións astronómicas correrán a cargo de Óscar Blanco Varela, director do CAT
(Centro Astronómico de Trevinca)

Este evento contará co respaldo de institucións como o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight , o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega .

Artigos relacionados

Back to top button