CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O “Live for Madness Festival” destinará o 5% do recadado ao Banco de Alimentos de Ourense

O festival celebrarase o vindeiro sábad, 23 de setembro, no Campo da Feira da cidade
Presentación do festival no Auditorio de Oruense.

Os amantes do “metal rock” teñen unha cita o vindeiro sábado, 23 de setembro, no Campo da Feira de Ourense co Live for Madness Festival. Unha cita que chega este ano á súa sétima edición “e esperemos que sexan máis”, asegurou a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias, na presentación de hoxe, 18 de setembro.

Este festival, segundo dixo David Nieto, un dos organizadores, “rematou por segundo ano consecutivo na final dos premios Iberian Festival, e foi o único festival galego en rematar finalista na categoría de mellor festival de pequeno formato”.

De carácter solidario, o Live for Madness Festival trae un cartel de excepción á cidade das Burgas, con bandas como Crisix, MorphiuM, [In Mute], Somas Cure, Scent Of Death e Tálesein.

Así, nesta presentación tamén asinouse o convenio entre o Festival “Live for Madness” e o Banco de Alimentos de Ourense, mediante o cal se doará o 5% da recadación total pola venda de entradas así como os alimentos que se recollan o día do festival, a través dunha recollida supervisada polo Banco de Alimentos de Ourense no Campo da Feira.

Ademais, aos 100 primeiros asistentes do festival que leven como mínimo 1kg de alimentos non perecedoiros se lles obsequiará cunha caña de cervexa (para maiores de 18 anos), auga ou refresco.

Máis información sbore o festival, no Especial de Festas de setembro do Xornal O Sil.

 

Cartel do festival.

Artigos relacionados

Back to top button