ConcellosEn portadaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A localidade vilamartinesa de Arcos honra a San Lourenzo

A súa imaxe percorría en procesión as rúas deste pobo, que celebra as súas festas patronais ata o 12 de agosto

No mediodía do 10 de agosto o pobo de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) sacaba en procesión polas rúas ao seu patrón, San Lourenzo. A procesión, na que soaba a música tradición do grupo Airiños de Portela, partía da igrexa parroquial e nela tamén se sacaban outras imaxes do templo.

Este é un actos relixiosos centrais desta festa que se celebra do 8 ao 12 de agosto nesta localidade e que inclúe actividades moi diversas como teatro, actuación de orquestras e concertos como o do cantante vilamartinés Miguel Arias.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button