En portadaÚltima horaVídeos

A procesión coa Virxe do Camiño ata a capela abre as Festas da Ascensión en Rubiá

 

Rematando xa o mes Rubiá celebra as festas da Ascensión que arrancan hoxe e estenderanse ata o domingo día 1 de xuño cun apartado relixioso, pero tamén musical.

 

 

Así no mediodía deste xoves 29 de maio celebrábase o día grande das festas coa misa cantada polo coro parroquial e seguida pola procesión coa Virxe, de regreso á capela na que é custodiada durante todo o ano co acompañamento musical da charanga e os nenos da Primeira Comuñón.

 

 

Mañá, en horario de tarde, terá lugar o baile e verbena a cargo da Orquesta Suavecito, coa Discomóbil Opium e o Dj Isra ata altas horas da madrugada.

 

 

O sábado 31 de maio a partir das 21 horas a Orquesta La Fórmula amenizará o baile de tarde e verbena xa de madrugada acompañados de pola Discomóbil Opium e o Dj Isra ata que o corpo aguante.

E xa o domingo, 1 de xuño, pecahrase o programa con bale e sesión de tarde longa a cargo da Orquestra Saudade.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas
Vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button