Na noite do xoves 22 de maio eran localizadas e evacuadas dúas persoas que se perdían percorrendo unha ruta de senderismo nas proximidades de San Xoán de Cachón, a uns 35-40 minutos do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, onde están aloxados, tal como explican dende o 112 Galicia.
O feito tiña lugara pasadas as 22 horas, sendo eles mesmos os que contactaban co 112 explicando que “estaban perdidos nunha zona de monte, observaban unha estrada, pero non podían acceder a ela”.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaban aos axentes da Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.
“Durante varias horas, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) da Garda Civil traballou na zona do mosteiro de Santo Estevo e finalmente localizou ilesas ás persoas perdidas, ás que axudou a baixar ata a estrada mediante unhas cordas”, explican dende o 112, engadindo que o rescate deuse por finalizado a medianoite, e os implicados foron levados nun vehículo de Protección Civil ata o lugar no que se aloxaban.

Fotos e vídeo cedidos.



