ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Los Secretos salvan o concerto no Barco a pesar dos numerosos contratempos

 

Dende logo non foi a noite esperada, nin polo público nin polos artistas, pero a pesar dos numerosos contratempos, a profesionalidade e calidade musical de Los Secretos salvaban o concerto que na noite do sábado 16 de setembro daban no Barco de Valdeorras.

 

 

O principal inconvinte foi o tempo que se botaban enriba e, malia que os técnicos traballaban arreo para telo todo a tempo para o inicio previsto para as 22:30 horas co concerto de Sr. Jingles, non foi posible e finalmente a organización informaba á banda liderada polo barquense Ramiro Núñez de que non había tempo e non podía actuar.

 

 

Así, a falta de teloneiros obrigaba ao público a esperar máis dunha hora sobre un terreo embarrado polas fortes chuvias caídas que obrigababan a cambiar in extremis o emprazamento do escenario e, cando subía ao escenario o líder de Los Secretos, Álvaro Urquijo, pedía disculpas ao público, agradecendo o traballo dos técnicos que tamén tiñan que intervir ante un problema na batería, en plena actuación.

 

 

“Ás veces cando algo se torce pode resultar unha catásrofe”, dicía o músico que malia todo e acompañado por unha gran banda, sacaba adiante o concerto ao que asistía público de diferentes partes da comarca e doutras veciñas como Viana do Bolo, facendo un percorrido por algúns dos seus numeroros e grandes éxitos dende Cambio de planes, La calle del olvido ou Déjame, ata Pero a tu lado e por suposto Ojos de gata.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button