CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Luar na Lubre engaiola ao público no concerto das Festas do Cristo, no Barco

 

Despois dunha completa xornada, con actividades de todo tipo (lúdicas, gastronómicas e sobre todo deportivas), na medianoite do sábado 10 de setembro chegaba un dos concertos estrela das Festas do Cristo 2022 no Barco.

 

 

 

Pasada as 00:00 horas e tralo primeiro pase da orquestra New York, Luar na Lubre subíase ao escenario no campo da festa, para actuar diante dun animado público (algunhas persoas sentadas e outras de pé) que desfrutou da noite ao ritmo da música tradicional galega.

 

 

Creado na Coruña en 1985, Luar na Lubre é unha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Ao longo da súa traxectoria obtiveron numerosos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro. Agora, están en plena xira co seu 19º disco titulado ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’, un album que recolle a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago.

 

 

Diante do público barquense, interpretaron entre outros, temas deste traballo como Dum Pater familias

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button