OurenseÚltima hora

Luar na Lubre presentará no Teatro Principal de Ourense o seu traballo “Ribeira Sacra”

O grupo folk conta con moitas colaboracións neste disco, entre eles Víctor Manuel e a Coral De Ruada
Presentación do novo traballo musical de Luar Na Lubre e dos concertos Ribeira Sacra.

Conxugando natureza, tradición e etnografía, e incorporando por primeira vez nunha composición musical o idioma do afiador, o barallete, naceo novo traballo musical do grupo folk Luar na Lubre, a “banda sonora” da Ribeira Sacra. Unha produción na que colabora a Deputación de Ourense e que foi gravada o outono pasado no Mosteiro de san Pedro de Rocas (Esgos).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co líder do grupo, Bieito Romero, o presidente da Coral De Ruada, Samuel Lago, e o músico Félix Castro, presentaban no Centro Cultural Marcos Valcárcel este traballo discográfico e os concertos que ofrecerá o grupo no Teatro Principal de Ourense os vindeiros 2 e 3 de xuño, contando coa colaboración de artistas como Víctor Manuel, Brais Maceiras, Irma Macías, Astarot, Félix e Castor Castro Vicente, Marisa Valle Ros, e a Coral De Ruada.

 

Félix Castro, Manuel Baltar, Bieito Romero e Samuel Lago, na presentación.

 

Bieito Romero asegura que esta gravación tocoulle o corazón, porque “as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, nos fixo arrancar con moita tristura”. Romero tamén lembra o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical, indo polas aldeas a falar coa xente, “recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres…, de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra; con elo, a nosa pretensión foi acadar unha banda sonora humana e natural”. O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido.

 

Artigos relacionados

Back to top button