ConcellosLubiánÚltima hora

Lubián celebra a Romaría da Tuiza

 

Numerosas persoas acudían participaban neste domingo 24 de setembro na tradicional Romaría da Tuiza, celebraba no santuario do mesmo nome no municipio zamorano de Lubián, lindeiro coa provincia de Ourense. Ao longo desta xornada honrábase á Virxe das Neves cunha serie de actos festivos e relixiosos, que comezaban ás 11h. coa misa rezada no santuario e tiñan un dos momentos centrais coa misa maior ás 13h., precedida pola procesión coa imaxe da Virxe, acompañada pola Banda de gaitas As Portelas, que interpretaba marchas procesionais.

 

 

Despois dábase paso á misa solemne, oficiada polo vicario da Diócese de Astorga, Manuel Carrasco, acompañado de varios sacerdotes de zonas como Puebla de Sanabria. Esta misa era cantada pola Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo. Ademais nesta celebración relixiosa despedíase o párroco, que recibía un agasallo de mans do alcalde de Lubián, Felipe Lubián.

O programa da romaría continuaba pola tarde coa actuación da orquestra Ocaband, que e con verbena dende as 21h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button