CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado de 2° da ESO do IES Carlos Casares de Viana participa no X encontro anual do proxecto ‘ EpDLab’

 

Na xornada do mércores 9 de abril, o alumnado de 2° ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo participaba no Hackathón, o encontro anual do proxecto ‘EpDLab’ que se celebra en Bandeira, Silleda (Pontevedra) da man da ONG Agaresco. Durante a xornada xuntáronse co alumnado doutros catro centros galegos para propoñer solucións ás anteriores problemáticas, coa meta de conseguir difuminalas ata desaparecer.

 

 

Esta era a X edición deste “gran proxecto de educación para a cidadanía global que, a través de dinámicas activas e de replicación instantánea inciden en aspectos coma o sexismo, as fake news, o racismo, o maltrato ao medio ambiente ou a desigualdade de oportunidades no acceso á educación que se dan no mundo global”, explican dende o instituto de Viana que leva participando dende o seu inicio, alá polo ano 2014. Nesta ocasión levaron a cabo distintas actividades para rematar facendo memes relacionados coa actividade e unha valoración en distintos murais.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button