En portada

Lubián celebra a Romería da Tuíza

Terá como escenario o santuario do mesmo nome ao longo da xornada do domingo 27 de setembro
Participantes na Romería da Tuíza nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na Romería da Tuíza nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

Lubián despide setembro e tamén a programación do seu “Verán Cultural” coa celebración da Tuíza, un dos referentes anuais deste concello zamorano. O programa abríase na noite do 25 de setembro cunha verbena a cargo do grupo Cañón. Na seguinte noite actuaba a orquestra Panorama e xa o 27 de setembro, ao longo de todo o día, desenvolverase a Romería da Tuíza no santuario do mesmo nome e dedicado á Virxe das Neves.

Así a partires das once da mañá abrirán as súas portas os postos da Feira de Artesanía de Produtos da Terra, na que ademais de pan, doces e outro tipo de delicias gastronómicas, tamén poderán atoparse obxectos de artesanía.

Ás 11:30h. oficiarase a primeira misa da mañá no santuario, se ben a misa maior está programada para as 13h., xunto coa procesión coa imaxe da Virxe das Neves, que estará acompañada pola música da Banda As Portelas.
A festa continuará pola tarde coa actuación da orquestra La Oca ás 18h. e, como broche, ás 21h. poderá desfrutarse dunha degustación de vitela asada ao espeto e preparada por Karlos Ibarrondo. Deste xeito completarase o programa cultural de Verán do Concello de Lubián.

Artigos relacionados

Back to top button