CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Lucía Álvarez, unha das comisarias dunha exposición sobre Almudena Grandes na Complutense

O seu título é "A loita pola liberdade" e poderá visitarse entre o 19 de abril e o 23 de maio na entrada da Facultade de Xeografía e Historia

 

A actriz Lucía Álvarez./ Foto: Cuco Cuervo.

 

Do 19 de abril ata o vindeiro 23 de maio poderá visitarse na entrada da Facultade de Xeografía e Historia a exposición “La lucha por la libertad: textos e imágenes para un homenaje complutense a Almudena Grandes”, comisariada pola actriz Lucía Álvarez, natural de San Xoán de Río, xunto a José Manuel Lucía Megías.

Con esta mostra (promovida pola Facultade de Filoloxía pola Facultade de Xeografía e Historia e por Alumni) preténdese renderlle unha homenaxe a esta escritora falecida neste ano, e que dende os anos 1977 e 1981 estudou na Facultade de Xeografía e Historia da Complutense, na especialidade de Prehistoria. Unha homenaxe que tamén busca recoñecer á cidadá “que non deixou de loitar pola liberdade do noso país, dentro e fóra da literatura. A partir dos movementos estudiantís da ditadura, das expulsións de catedráticos nos anos 60, ou do famoso concerto de Raimón, a exposición explora con imaxes o complicado percorrido que permitiu que en España poidamos hoxe en día desfrutar de liberdade”.

Esta exposición tamén conta coa colaboración da Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla e do Arquivo Xeral da Universidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button