Neste venres 13 de decembro vivíase unha xornada moi especial na Residencia Nosa Señora de Fátima do Barco. Unha das súas residentes, Lucía Isolina Blanco Álvarez, cumpría 106 anos e celebrábao compartindo unha tarta e unha chocolatada co resto de persoas que viven neste centro e tamén co persoal do mesmo. Ademais, como agasallo da residencia, recibía un ramo de flores e, por suposto, non deixaba de soprar as candeas da súa tarta. Tamén acudía á celebración Carmen, prima dunha sobriña de Lucía.
Lucía Isolina Blanco é natural de Requejo (Toral) e os seus pais eran de Bembibre. É a sexta de sete irmáns. Casouse co policía municipal do Barco José Liste e traballou durante moito tempo de gardabarreiras en diversas “casillas”.
Fotos: Carlos G. Hervella.