DeportesKárateÚltima hora

Lucía Herrero, convocada pola Federación Española de Karate para a concentración de kumite en Palma del Río

A karateka barquense vén de conseguir o 4º posto no campionato de España sub21

Punto para Lucía nun dos combates disputados en Málaga. /Foto: RFEK.

 

Días antes de viaxar a Málaga para participar no campionato de España de karate sub21, Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone do Barco) asegura que o daría todo, marcándose como obxectivo subir a podio pero tamén recoñecía que a situación sanitaria está facendo desta unha tempada moi peculiar e así quedaba demostrado, quedando ás portas do podio en kumite -55kg.

Contenta por ter podido disputar tres combates malia sentir molestias nunha cadeira, nun campionato de alto nivel, e sen case tempo de descansar desta competición, Lucía ten outra cita en Palma del Río (Córdoba), a onde foi convocada pola Federación Española de Karate para participar no proxecto mundial Concentración de Kumite Equipos Cadete/ Júnior/ Sub21 entre o 3 e o 6 de decembro.

A recepción dos deportistas seleccionados será mañá ás 20h. no Polideportivo Municipal de Palma, pero os adestramentos nos comezarán ata o día seguinte, en xornada de mañá e tarde. Para o sábado día 5 está programado o XI Torneo de Seleccións.

Máis información na edición de decembro de O Sil Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button