
Coa participación no Campeonato de España Cadete, Júnior e Sub21 de Karate de dúas das súas karatekas máis destacadas este ano, remata o Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras o mes de novembro.
Como parte do equipo galego, Lena Álvarez Pérez e Lucía Herrero Valcarce participan esta fin de semana na competición nacional que se está a celebrar no Polideportivo Ciudad Jardín, en Málaga. Á primeira competía na tarde de onte, venres 26 de novembro, en kata Cadete, caendo na primeira volta aínda que dende o club barquense amósanse moi satisteitos co traballo realizado pola campioa galega na súa categoría.
Lucía pola súa banda, competirá mañá, domingo 28 de novembro, en kumite Sub21 -50 kg.
