DeportesKárateÚltima hora

Lucía Herrero logra o bronce no campionato de España de clubs cun equipo canario

 

Normalmente vemos á karateka barquense Lucía Herrero Valcarce subir ao podio co seu club, o River Stone do Barco de Valdeorras, ou coa Federación Galega de Karate, pero desta volta vén de facelo cun equipo de Canarias, o Gankaku.

“A miña adestradora leva un par de anos indo con eles e este ano necesitaban a dúas karatekas máis polo que fomos Lucía Guerrero de Ferrol e eu con ela”, explica a propia Lucía, que lograba a medalla de bronce en kumite por equipos no campionato de España de clubs celebrado esta fin de semana.

Alí, o equipo de Lucía combatía en primera ronda contra un equipo de Madrid. “Saín eu de primeira ganando, despois foi unha compañeira de Canarias que perdeu, de terceira saíu Ruth (a miña adestradora) que volveu ganar e de cuarta saíu Lucía que tamén ganou polo que xa non tivemos que realizar o quinto combate”, explica Lucía Herrero.

 

Artigos relacionados

Back to top button