OurenseÚltima hora

Luis Aragonés presenta a nova tecnoloxía de Renault en Ourense

O concesionario organiza unhas xornadas de portas abertas que rematan o sábado 14 de marzo ás 20h.
Portas abertas en Renault Luis Aragonés de Ourense.
Portas abertas en Renault Luis Aragonés de Ourense.

O concesionario Renault de Ourense, Luis Aragonés, inauguraba na tarde do xoves 12 de marzo as xornadas de portas abertas que non pecharán ata o sábado día 14, para presentar a tecnoloxía que incorpora a nova gama de Renault.

Tal como explican dende o gabinete de comunicación, “coa proba de modelos Renault, con cámara AEE Magiccam S71 incorporada, un circuíto de minidróns e a presentación da tecnoloxía a través dunhas gafas lIusion Box 3D, o público pode coñecer e disfrutar da nova tecnoloxía que utilizan os modelos da firma”.

A tecnoloxía Renault que se presenta nestas xornadas, pasa pola pantalla táctil R-Link con navegador e Internet que conecta o vehículo coa rede de redes a través dunha tarxeta virtual, contando ademais con Bluetooth e conexión para dispositivos móbiles con jack o entrada USB. Tamén a caixa de cambios automática EOC, de dobre embrague e seis velocidades, ou o radar de proximidade con cámara de visión traseira son innovacións de Renault, entre outras moitas.

Ata as 20h. do sábado 14 de marzo en Luis Aragonés estarán instaladas as actividades que presentan a nova tecnoloxía de Renault, “para que o público ourensán as coñeca de preto e poda participar no sorteo dun Renault Captur, cheques de descuento de 100€ en taller, cámaras AEE Magiccam S71… etc”.

Artigos relacionados

Back to top button