PolíticaÚltima hora

Luis F. Gudiña: “Tras 18 anos era o momento de deixar a primeira liña da política no Concello e dar paso aos compañeiros”

O primeiro tenente de alcalde vén de presentar a súa renuncia como membro do equipo de Goberno da Rúa

Luis Fernández Gudiña nun Pleno na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No será efectiva ata que a valide o Pleno que se celebrará o vindeiro luns 24 de febreiro pero o  primeiro tenente de alcalde do PSdeG-PSOE no Concello da rúa, Luis Fernández Gudiña, presentaba este mércores a súa renuncia como concelleiro na corporación municipal.

“É unha decisión persoal falada cos compañeiros de partido que formarán parte agora da corporación”, di Fernández Gudiña, asegurando que “hai que saber ata onde podes chegar e dar ese paso atrás para que eles, que levan traballado tanto comigo, os que collan o relevo e seguiran con este proxecto iniciado hai case dous anos no Concello; e entendín que este era un bo momento tendo en conta que quedan case dous anos para as proximas eleccións”.

En maio faría 18 anos que Luis comezaba a súa “aventura política” que pensaba que duraría “catro ou cinco anos e alargouse moito e agora entendín que era o momento de dar paso a outra xente para que seguise traballando na primeira liña pasando eu a un segundo plano municipal”. En todo caso, continuará á fronte da agrupación local, da que es secretario xeral. “Os días 8 e 9 teremos o Congreso Nacional e despois os locais e eu seguirei traballando coma sempre, só que elas encargaranse do labor no Concello, Ana Fernández Vizcaya substituirame a min e asumirá a primeira tenencia de alcaldía e incorpórase a terceira da lista Maria Carmen Álvarez Fernández”.

En todo caso, Luis fai unha “valoración é positiva destes case dous anos que levamos traballando o grupo de Goberno, cun traballo que se está levando a cabo con moita ilusión e ganas e estanse vendo avances importantes e estou contento co tempo traballo neste contexto de equipo formado por tres partidos. Creo que levamos feito bastantes cousas”, di.

Despídese do Concello non sen “darlle as grazas a todos o veciños e veciñas que durante este anos apoiaron ao partido e a min como cabeza de lista no Concello da Rúa, permitíndome poder desfrutar e levar a cabo unha serie de propostas coas que, cos seus acertos e fracasos, intentamos sempre mellorar non só a situación do concello senón dos veciños. Foi unha honra estes 18 anos que estiven desempeñando este labor e sempre lles estarei agradecido”.

Artigos relacionados

Back to top button