En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Lume en Vilamartín de Valdeorras

Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afectou unhas 46 hectáreas

Os incendios forestais volven cebarse coa comarca de Valdeorras. Desta volta tocoulle ao monte de Valencia do Sil no concello de Vilamartín, cun lume nunha zona de arboredo e bastante próxima á poboación que comezaba ás 23:22h. do 29 de xullo. Ás 15:30 horas da tarde do 30 de xullo deuse por estabilizado o lume.

Xa ás 21:23 horas da noite do 30 de xullo dábase por controlado o incendio. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afectou unhas 46 hectáreas (6 delas de monte arborado e o resto de raso). No seu control levan traballado 1 técnico, 17 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 1 avión.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button