ConcellosÚltima hora

Luz verde á xestión municipal do comedor do colexio de Manzaneda

O Consello da Xunta daba o visto bo o 19 de febreiro á sinatura dun convenio de colaboración co Concello
Exterior do CEIP Manzaneda.
Exterior do CEIP Manzaneda.

O Concello de Manzaneda farase cargo en breve do comedor do CEIP desta localidade ourensá, que ata o de agora estaba xestionado pola Consellería de Cultura e Educación. O Consello da Xunta celebrado na mañá do 19 de febreiro daba luz á verde á sinatura cun convenio e colaboración con este Concello.

“A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ampliará a súa colaboración cos concellos para a prestación do servizo de comedor escolar, grazas ao que 2.512 usuarios poden xantar en 37 centros educativos. Para iso, o Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición dun novo convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello de Manzaneda, do que se beneficiarán este curso 2014/15 e o 2015/16 un total de 23 usuarios, segundo a solicitude realizada polo Concello”, segundo se informa dende a Xunta de Galicia.

No marco destes acordos de colaboración, a Consellería subvenciona os menús do comedor escolar. Pola súa banda, as entidades municipais comprométense á elaboración dos menús escolares, á repartición e recolla deles nas mesas do comedor, así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.

Manzaneda súmase así aos concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Mugardos, Muíños, Oroso e Santiago de Compostela, que xa contan con convenios de colaboración deste tipo.

Artigos relacionados

Back to top button