EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosViticultura

Seminario intensivo de xestión de viñedo e produción, na Rúa

Nesta acción formativa, promovida por AEVA, participaban unhas 27 persoas este sábado

 

O proceso de establecemento dun viñedo, con especial atención á planificación de custos e as ferramentas que facilitan unha xestión sostible, así como as diferentes axudas que existen para novas plantacións eran algúns dos contidos que se abordaban no seminario intensivo de xestión de viñedo e de produción no sector vitícola, que se impartía na mañá deste sábado 28 de outubro no Centro Cultural Avenida da Rúa.

 

 

 

Unhas 27 persoas (entre viticultores, adegas e interesados no sector vitivinicola) asistían esta acción formativa, enmarcada no programa AevaEmprégate V (financiado pola Deputación de Ourense). O curso, impartida por Ricardo Dobao e Patricia Lamela (ambos enxeñeiros técnicos agrícolas en activo no sector e con experiencia en formación) abordaba a na xestión do viñedo, os custos de produción, ferramentas que facilitan unha xestión sostible e as diferentes axudas no sector.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button