Ata media ducia de podios colleitaba o Club Adas Cupa do Barco no campionato provincial de cross escolar que se desenvolvía o pasado 16 de decembro en Ribadavia. Así o ven de facer público esta entidade deportiva, matizando cada un deses metais: o equipo Sub10 masculino facíase co ouro, mentres que o equipo Sub12 feminino e Sub12 masculino lograban a prata, o mesmo metal que o equipo Sub14 masculino. Ademais os equipos Sub16 masculino e feminino conseguian o bronce.
Dende o club expresan as súas felicitacións aos atletas “xa que unha vez máis, vemos a importancia que teñen os postos de todos”. Indivualmente sobresaen os postos acadados por José Hervella 1º Sub14, David Garcia 2⁰ Sub12 masculino, Irina Sánchez, 2⁰ Sub12 feminino, Valentina Barreda 2º Sub10 feminino.
“Tamén foron moi boas actuacións de Nicoll Sánchez, 5º Sub 16 feminino e Mateo Valcarce, 5º Sub16 masculino.