EconomíaEconomíaÚltima hora

Luz verde para o proxecto de innivación da Estación de Manzaneda

O acordo tomábase durante o consello de administración de Meisa celebrado nas instalacións deste complexo turístico e deportivo de montaña, situado no oriente ourensán
Participantes no consello de administración de Meisa.

Unanimidade no consello de administración de Meisa (Manzaneda Estación de Inverno S.A.) celebrado na mañá do 22 de decembro nestas instalacións en Cabeza de Manzaneda. Saía adiante a proposta de axilizar e aprobar os pregos para a contratación do sistema de innivación, que garantirá, aló menos, 120 días anuais de neve na estación de montaña, unha infraestrutura que será realidade no ano 2017. Asemade designábase a mesa de contratación que valorará as distintas ofertas ao mesmo.

Durante a vindeira semana publicarase as bases do concurso na web de la estación www.manzaneda.com e na prensa, establecéndose o 17 de febreiro como data límite para a recepción das ofertas, segundo se informa dende a estación. A entrega poderá realizarse nas oficinas deste complexo, así como no rexistro xeral da Deputación de Ourense.

Esta actuación suporá un investimento de 5.107.838,75€ máis IVE, e acometerase na súa totalidade no próximo ano, para que poda estar lista e en funcionamento na vindeira tempada. Para o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, isto significa “unha aposta non só dos concellos de Manzaneda e Trives, non só de Ourense, senón tamén unha aposta de Galicia”. E incidía en que este centro turístico e deportivo “ten un destacado atractivo para visitantes de Galicia, doutras comunidades e tamén do norte de Portugal”.

Artigos relacionados

Back to top button