OurenseÚltima hora

Luz verde para o xulgado 7 de Primeira Instancia de Ourense

En total o Ministerio de Xustiza creou catro novas seccións xudiciais en Galicia que se suman ás 93 creadas a nivel nacional
Esta nova sección creouse para “diminuír a carga de traballo”.

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, aprobou hoxe un Real Decreto polo que se vai crear un novo xulgado de Primeira Instancia en Ourense. Este será o número sete na provincia e súmase a un total de 4 novos xulgados en Galicia aprobados hoxe nesta sesión ministerial.

O obxectivo desta aprobación, sinalan fontes do Ministerio de Xustiza, é “axeitar a planta xudicial das necesidades existentes e garantir aos cidadáns a efectiva protección dos seus dereitos”.

Así, ademais do de Primeira Instancia de Ourense, crearase o número 6 de Ferrol e o número 15 de Vigo. Na Coruña crearase o xulgado número 6 do Social.

Esta distribución, apuntan fontes ministeriais, está xustificada polas cargas de traballo en ambas as dúas xurisdicións, así como para mellorar o tempo de resposta e reducir o número de asuntos pendentes en cada xulgado.

Artigos relacionados

Back to top button