DeportesFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

Madrugón para baixar a nado o Sil

A proba partía as oito da mañá do 14 de setembro dende as proximidades da ponte de San Fernando

Entre o deportivo, o lúdico e o festivo se move o Madrugón, unha proba xa tradicional coa que se inicia cada ano o día grande das Festas do Cristo no Barco. Dende mozos ata maiores, tanto homes como mulleres, se dan cita nesta baixada a nado que parte dende as proximidades da Ponte de San Fernando e remata na praia fluvial do Malecón.

Desta volta houbo unha lixeira baixada de participantes con respecto a outros anos, pero si se vían caras novas na proba, que comezaba as oito da mañá e remataba cunha entrega de camisetas no Malecón e cunha chocolatada no Cafetín. Os ganadores foron Pablo Israel Rodríguez en categoría masculina (cunhas catorce vitorias seguidas), mentres que na feminina se impoñía, por sexto ano, Grit Hagen.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button