Estaba prevista na praza do Sagrado pero as previsións meteorolóxicas adversas obrigaban a trasladala ara o Teatro Lauro Olmo, o que non foi un impedimento para que nenos e maiores desfrutaran da música e o espectáculo de Magín Blanco e a Banda das Apertas.
Así na tarde do 16 de setembro, derradeiro día das Festas do Cristo, o cantautor rues achegaba ao público barquense un divertido e animado espectáculo no que a súa música, especialmente a incluída nas aventuras de A nena e o grilo, conviven con outras coñecidas cancións que o público recoñece da música contemporánea. De feito era un tema dos Beatles o que servía á banda formada por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia e Suso Rodríguez (tamén da Rúa) para comezar o concerto no que facían partícipes aos máis pequenos do público. Non só coas cancións senón con personaxes que ían aparecendo ao longo da actuación como “Ramón, o bibliotecario”.
Co espectáculo lúdico-educativo para todos os públicos de Magín e a Banda das Apertas o programa cultural das Festas do Cristo 2019 baixaba o pano.
Fotos: Mónica G. Bellver.