Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Mailén Aller logra en Portugal a medalla de bronce no Campionato Ibérico Feminino de Orientación a Pé

A deportista do Club Peña Trevinca Barco subía ao terceiro chanzo do podio na categoría de damas 16

Mailén Aller no terceiro chanzo do podio./ Foto cedida.

 

Na fin de semana do 29 e 30 de outubro, celebrábase o Campionato Ibérico Feminino de Orientación a pé en distintas localidades de Terras de Bouro, Portugal, no que participaba unha deportista do Peña Trevinca Barco, Mailén Aller Pfirter, atleta do ano 2007, que competía na categoría de damas 16 obtendo a medalla de bronce.

Ao mesmo tempo celebrábase o TOM (Trofeo do Minho), no que participaba outro deportista do club barquense, Pablo Aller Estévez que acababa no posto 17º na clasificación xeral para homes maiores de 50 anos (H-50).

A liga galega de orientación continua en novembro coas dúas últimas carreiras da tempada, o día 12 en Oia (Pontevedra) e o 19 no monte Iroite (A Coruña). Como colofón final, o 27 de novembro no Barco de Valdeorras (Ourense) realizarase o campionato galego de substitucións e a continuación a entrega de premios do mencionado campionato e das distintas ligas de orientación en Galicia para a presente tempada.

Artigos relacionados

Back to top button