DeportesÚltima hora

Preto de 11.000 inscritos na San Martiño de Ourense

A carreira que se celebrará este domingo 16 de novembro require cortes puntuais de tráfico no percorrido das 7 ás 14h.
Saída da carreira escolar na pasada edición da San Martiño. /Foto: Carlos G. Hervella.
Saída da carreira escolar na pasada edición da San Martiño. /Foto: Carlos G. Hervella.

Este domingo 16 de novembro celébrase a 38ª edición da carreira San Martiño, unha proba atlética que se desputará a partires das once da mañá por boa parte da cidade. Por este motivo, dende a organización informan do corte ao tráfico en diversas rúas.

O primeiro corte será a partires das 7h. na rúa Pardo de Cela, a Ponte do Milenio e a Glorieta Nexus VI. O segundo corte será dende as 10:30h. pechando o tráfico ao resto do circuíto.

A Policía Local recomenda evitar circular ou acceder ao circuíto momentos antes dos horarios previstos nos cortes de tráfico. Se fose necesario circular, recomenda facelo polos seguintes itinerarios alternativos: Oira e Ponte novísimo para cruzar o Miño; Polvorín, rúa Manuel Murguía e Farixa para a zona Sur-Oeste; e Barrio de San Francisco, rúa Nosa Sra. da Saínza para zona Sur-Este.

Esta edición da carreira popular conta con 10.968 inscritos: 5.172 en categoría absoluta, 3.761 en categoría escolar e 2.035 en cativos.

O circuíto viario da categoría absoluta de 10 quilómetros que comezará ás 11h. comprenderá as seguintes rúas: Ponte Milenio, Avenida Xesús Pousa, Praza Estación, Avenida das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Flemin, Ervedelo, Avenida Portugal, Avenida Marcelo Macías, Avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijóo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avenida Habana, Cardenal Quevedo, Avenida Rodríguez Castelao, Avenida Otero Pedraio, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

O viario escolar, cun percorrido de 4,6 quilómetros e saída ás 12:30h. percorrerá: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida Caldas, Ponte Vella, Progreso, Avenida Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

A carreira dos cativos terá 1,4 quilómetros de percorrido e comezará ás 13:15h.

Artigos relacionados

Back to top button