ConcellosÚltima hora

Máis de 10 concellos e 5 mancomunidades reúnense coa Xunta para coordinar as mesas contra a violencia de xénero

Xuntanza sobre as mesas locais contra a violencia de xénero en Verín.

A Xunta reuniu hoxe en Verín un total de 16 concellos e 5 mancomunidades da provincia de Ourense co fin de activar as mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero. O encontro, organizado polo Goberno galego, estivo presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Con esta iniciativa, a Xunta segue avanzando na definición dun modelo de traballo práctico e eficaz para as mesas locais, uns traballos que arrancaron en 2015 coa publicación e divulgación da Guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC). A segunda fase de activación das mesas locais comezou en 2016, no último trimestre, cunha diagnose global sobre a situación das mesmas e continúan agora, con esta serie de encontros de intercambio de boas prácticas.

Artigos relacionados

Back to top button