A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), iniciará hoxe os traballos de restauración do Puente Soutelo sobre o Río Limia, dentro da operación Fronteira Esquecida do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP).
O proxecto consiste na rehabilitación dunha ponte histórica de 5 vans, duns 48,50 m de lonxitude, do que existen referencias do ano 1804; esta ponte permite atravesar o río Limia, unindo os concellos de Muíños e Bande.
As actuacións previstas conservarán as pilas e estribos de cachotería, probablemente orixinais e substituirán os taboleiros, formados actualmente por viguetas e bovedillas, por outros máis adecuados ao seu uso e contorna, con fácil e económico mantemento. Neste sentido, elixiuse o aceiro como elemento estrutural recuberto por unha pel de aceiro corten. Tamén se dotará á infraestrutura de elementos de protección, tipo varanda, dos que actualmente non dispón na súa totalidade.
O investimento estimado superará os 150.000 euros e o prazo de execución é de 3 meses.
Imaxes: CHMS.