OurenseÚltima hora

Máis de 150 actividades para a ponte festiva en Megaxove 2015

Expourense acollerá a feira de deporte e ocio entre o 5 e o 8 de decembro
Presentación de Megaxove 2015 en Ourense.
Presentación de Megaxove 2015 en Ourense.

Coa celebración de Megaxove, remata Expourense o calendario feiral do 2015. Entre o 5 e o 8 de decembro o salón ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán ó recinto no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva.

Nunha superficie de 8.000 metros cadrados daranse cita 33 expositores entre federacións e clubs deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia. Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo é a diversión, pero tamén o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou ó respecto ó Medio Ambiente.

Megaxove 2015 era presentado na mañá do mércores 2 de decembro nun acto no que participaron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, a concelleira de Xuventude de Ourense, Sofía Godoy, o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

Entre as novidades deste ano destacan as organizadas pola Concellería de Xuventude de Ourense que preparou un exetenso programa de actividades. Unha delas son os obradoiros diarios de cociña dirixidos a cativos de entre 6 e 14 anos que serán impartidos a partires das 17 horas. O primeiro día, sábado 5 de decembro, Megaxove recibirá a visita de Mendicuti, participante do concurso de televisión MasterChef Junior.

Outra das novidades será o “Repsol Racing Tour”, unha unidade móbil con elementos interactivos, contidos audiovisuais e multimedia, realidade aumentada, exposición de obxectos histórico e que trae ata Expourense a Moto coa que Marc Márquez gañou o Mundial de MotoGP en 2013. Xunto a esta unidade móbil principal instalarase ademais, un circuíto inchable de motos infantís. Ademais celerbrarase unha nova edición do campionato FIFA e de Scalextric.

O Futbol Burbulla, os obradoiross de chapas, a xincana de bicicletas ou o obradoiro de Ciencia Divertida son outras das novidades para esta 16ª edición.

Máis información na web: www.expourense.org

Artigos relacionados

Back to top button