DeportesÚltima hora

Máis de 200 arqueiros compiten esta fin de semana no Barco no Campionato galego de tiro con arco

 

Seis anos despois da XII edición do Trofeo ArcoBarco de Sala, a competición regresa ao Barco nesta fin de semana co Campionato Galego de Tiro con Arco en todas as categorías, ata un total de 40, entre infantís e adultas.

 

 

A competición arrincaba na mañá sábado 16 de decembro no pavillón de Calabagueiros coas competicións das categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil) e as modalidades long bow e tradicional. Pola mañá celebrábase as series de 30 flechas e pola tarde serán as eliminatorias ata a final.

 

 

Mañá será o turno das modalidades estrela, recurvo e composto, para as categorías cadete, júnior, absoluta e veterana, co mesmo sistema, rondas clasificatorias (dúas series de 30 flechas cada unha) pola mañá e eliminatorias pola tarde ata chegar á final cos bronces e ouros.

 

 

Dende o club adiantan que a competición reúne a máis de 200 arqueiros entre os que estará o galego olímpico Miguel Alvariño (imaxe do cartel promocional) entre outros campións de Europa en long bow.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button