DeportesÚltima hora

Máis de 200 ciclistas participarán esta fin de semana na I edición da Manzaneda Gran Fondo

Deportistas como Carlos Canal, Delio Fernández ou Iván Montero, entre outros, daranse cita na marcha cicloturista

O ourensán Carlos Canal.

Rodar, explorar e gozar. Os tres verbos que ansían conxugar os ciclistas combínanse esta fin de semana na primeira edición da Manzaneda Gran Fondo. Máis de 200 deportistas participarán nesta marcha cicloturista que organiza a Federación Ciclismo Galego e á que tamén confirmaron a súa asistencia deportistas da talla do ourensán Carlos Canal, Delio Fernández ou Iván Montero, entre outros.

A Manzaneda Gran Fondo propón deporte e lecer a partes iguais. Os ciclistas gozarán das paraxes naturais das comarcas de Trives e Caldelas. Os percorridos arrincarán ás 9:30 horas do domingo 3 de setembro desde a Estación de Montaña Manzaneda e compartirán ascensións do Alto de Cedeira e do Suspiazo, así como o avituallamiento de Chandrexa de Queixa, antes de separarse. O Gran Fondo alcanza os 127 quilómetros e o Medio Fondo os 88 quilómetros.

 

 

Está previsto que neste evento deportivo participen as seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Máster 60 Fem., Máster 60, Máster 50 Fem., Máster 50, Máster 40 Fem., Máster 40, Máster 30 Fem., Máster 30, Júnior Fem., Júnior, Elite UCI, Elite Fem., Elite, Cicloturismo e Adaptado.

Artigos relacionados

Back to top button