OurenseÚltima hora

Máis de 200 deportistas de catro comunidades, na I Copa Auria de ximnasia rítmica, en Ourense

A competición ten carácter nacional e desenvolverase o vindeiro sábado 13 de novembro en sesión de mañá e tarde no Paco Paz

Presentación da I Copa Auria de Xinmasia Rítmica.

 

O pavillón dos deportes Paco Paz de Ourense acollerá o próximo sábado, día 13, a primeira edición da Copa Auria de ximnasia rítmica, na que participarán máis de 200 deportistas de entre 8 e 16 anos pertencentes a 26 clubs procedentes de Galicia, Asturias, Madrid e Castela A Mancha. Unha competición que segundo os responsables do Club Marusia, organizadora da proba en colaboración coa Deputación de Ourense, pretende “abrir camiño cara a preparación dos próximos campionatos nacionais”.

A I Copa Auria era presentada na mañá deste mércores 10 de novembro coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; a presidenta do Club Marusia, Pilar Cobelas, e Roberto Rodríguez, socio do club.

A competición, que se desenvolverá en xornada de mañá e tarde, ten carácter nacional de nivel base e inclúe as modalidades individual e de conxunto nas categorías que van desde benxamín a xuvenil. Na primeira edición desta proba no só haberá trofeos para os ximnastas, senón tamén para os propios clubs, aos que se lles recoñecerá coa Copa Auria a súa implicación con estas probas polo número de participantes que achegan.

 

Artigos relacionados

Back to top button