Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Máis de 200 deportistas participan esta fin de semana no Trofeo O Bolo de Orientación

Hoxe disputábase a 2ª proba da liga galega de O-Pé e mañá será a quenda da 1ª proba da liga galega de MTB

 

Na mañá deste sábado 24 de febreiro O Bolo converíase por segunda vez no epicentro galego de orientación. Ás 11 horas comezaba no mapa de “O Serro-A Mourela”, sobre un circuíto moito máis urbano que o da vez anterior e no entorno do Castelo, a 2ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé cun total de 197 inscritos. Unha boa ocasión para situar no mapa a este fermoso municipio valdeorrés a través do deporte.

 

 

Na competición celebrada no Bolo participaban orientadores de numerosos clubs galegos (Club Fluvial Lugo,  Coruña Árbabros, Pontevedra Aromon, Culleredo Gallaecia Raid, U-Vigo, Cuntis Xesteiras, A Coruña Liceo, Lugo Compás, Santiado de Compostela USC, Nigrán Raza Palleira, OP Betanzos, O Porriño Budiño Raid, Porto do Son ADC Arnela, A Coruña COCO, As Neves Vizhoja-Cornelios, Limiactiva e A Coruña Brigantia) sen esqueder ao Peña Trevinca Barco, organizador da proba en colaboración coa Federación Galega de Orientación e o Concello de O Bolo que participou con 8 deportistas, e tamén 15 que o facían de forma independente.

 

 

Trátase dunha carreira de distancia longa, puntuable para o liga galega nas diferentes categorías. En elite os primeiros eran Nicolás López González de Lugo Compás e Irene Morales Jiménez de Liamiactiva. Con respecto ao club valdeorrés, Brais Rodríguez Cruz era primeiro en M12; Eva Calvelo Vázquez segunda en iniciación curta; e Martina Aller Pfirter terceira en F16.

Mañá domingo 25 de marzo a partir das 11 horas, tocaralle o turno á 1ª proba da Liga Galega de MTB-O 2024, sobre o mapa “O Serro-A Fraga dos Ladrois”, na que hai inscritos preto de 70 ciclistas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button