
As Letras de Florencio despiden o ano convidando aos centros educativos de Valdeorras e de Galicia á estrea do documental ‘Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z’ de Arraianos Producións. Será o venres 16 de decembro ás 12 da mañá nunha estrea simultánea no Centro Cultural Avenida da Rúa, á que acudirán máis de douscentos estudantes da vila, e máis en Youtube no seguinte enlace: https://youtu.be/dNJC4YyHtS8.
O documental, dirixido por Aser Álvarez, ten unha duración de 51 minutos. O director estará na estrea na Rúa para presentar a peza e conversar co público tanto na sala, como a através do chat de YouTube.
O domingo 18 ás 20 horas farase tamén a pre-estrea da longametraxe documental ‘Florencio na Terra’, de SocialDocs e dirixido por Domingo D. Docampo, tamén no cine da Rúa. A asistencia a ambas proxeccións é libre ata completar aforo.