Concellos

Máis de 300.000 euros para a rede de abastecemento da Gudiña

Os traballos que se levarán a cabo inclúen a construción dun novo depósito de auga
Sinatura do convenio entre a conselleira de Medio Ambiente e o alcalde da Gudiña.
Sinatura do convenio entre a conselleira de Medio Ambiente e o alcalde da Gudiña.

O alcalde da Gudiña, José María Lago e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, veñen de asinar un convenio no que se recollen os máis de 300.000 euros que a Administración Autonómica destinará á renovación de parte da rede de abastecemento no concello da Gudiña, que presenta actualmente deficiencias pola súa antigüidade.

Tal como adiantan dende Medio Ambiente, os traballos incluirán a construción dun novo depósito de auga de 500 metros cúbicos que permitirá solucionar o problema de abastecemento do polígono industrial que non dispón a día de hoxe de servizo, polo que as naves se están abastecendo de pozo individual. Ademais, executarase un tramo novo de rede de 492 metros de lonxitude para conectar o depósito que xa existe, de 250 metros cúbicos, ao polígono industrial. Ao mesmo tempo, substituirase a deteriorada rede actual por unha nova ao longo de máis de 3.000 metros.

Artigos relacionados

Back to top button