SanidadeÚltima hora

Máis de 450.000 euros para renovar as camas e o mobiliario de uso médico do Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: A.R.

 

Na xornada deste xoves 10 de marzo, a páxina do perfil do contratante da Xunta recolle a a licitación, pola vía de urxencia, para a compra de mobiliario de uso médico destinado ao Hospital Público de Valdeorras, que inclúe 106 camas, 106 mesillas e 106 sillóns para pacientes, un orzamento de 474.562 euros para a total renovación deste equipamento no centro, das áreas de hospitalización, urxencias a despertar.

Tal como explican dende o Sergas, a licitación inclúese nun contrato de subministración de distinto equipamento destinado aos hospitais públicos da Coruña, Vigo e Verín, este último cun orzamento de 179.080 euros, tamén para a renovación de mobiliario destinado ao paciente, en concreto, de 40 das súas camas, sillóns e mesillas.

Para a adxudicación valorarase especialmente criterios como extensión da garantía, accesibilidade dos equipos, ou no caso das camas inclusión de novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente, ou incluso monitorización remota de todas as camas, ademais doutros orientados á funcionalidade como os colchóns, as rodas, ou ás facilidades para acoplar osíxeno, portasoros, etc.

 

Artigos relacionados

Back to top button