DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 50 deportistas do Salvour participarán hoxe na última xornada da Copa Deputación de salvamento

A competición celebrarase na piscina Pedro Escudero a partires das seis da tarde

Hoxe, 16 de xuño, a piscina de 25 metros do Pavillón dos Remedios (Pedro Escudero) acollerá a última xornada da Copa Deputación de Ourense de salvamento acuático deportivo, organizada polo club ourensán de Salvour.

A competición comezará ás 18 horas e disputaranse dúas das probas do calendario en augas pechadas deste deporte multidisciplinar, para todas as categorías (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, sénior e máster) tanto masculino como feminino.

A xornada está aberta a todos os deportistas ourensáns con ficha federativa en vigor para esta temporada, polo que máis de 50 deportistas están formando parte da IV Copa Deputación de Salvamento de Ourense que porá hoxe o colofón final ao traballo realizado durante toda a temporada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button