EconomíaEconomíaEntroido 2023Última horaVídeos

Máis de 500 persoas asisten á IV Festa das Sopas de Allo, en Vilamartín

 

Cunha gran cea no pavillón do Bañadoiro remataba o desfile de folións celebrado o sábado 11 de febreiro en Vilamartín.

Tal e como estaba previsto, tralo percorrido pola vila dos once folións participantes, en torno ás nove da noite comezaba a V Festa das Sopas de Allo cun completo menú a base de entrantes, lacón cocido, empanada, pizza, sopas de allo, panceta e costela á grella, chourizo, bica e tortad e roxóns, ademais de viño, refrescos, auga, café e licores.

 

 

A maioría dos máis de 500 comensais eran membros dos folións (Carracedo da Serra, Os Labregos, Petín, As Maceiras, O Tameirón, Chandrexa de Queixa, Piñeiro, Castro Castro Caldelas, Os Arrieiros, A Caniceira,…) pero tamén había xente allea, de Vilamartín e doutras vilas da contorna.

Na cociña estaba Antonio Ferrer e servindo, os organizadores, os Viticultores de Vilamartín. O fin de festa correu a cargo do dúo Maritxell que puxo a nota musical á velada.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button