OurenseÚltima hora

Máis de 650 deportistas participarán este sábado no XIII Torneo de Nadal de Ximnasia, en Ourense

A competición, que terá un compoñente solidario, celebrarase de 11 a 14 horas no Pavillón dos Remedios

Presentación do Torneo de Nadal de Ximnasia.

 

Como unha festa da ximnasia e unha dos máis solidarias dos últimos anos, se presenta a XIII edición do Torneo de Nadal de Ximnasia organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón Ourense, que reunirá este sábado 14 de decembro a 669 ximnastas e 41 adestradores no Pavillón dos Remedios.

Tal como explicaron na presentación, que tiña lugar na mañá do 12 de decembro no Concello de Ourense, o torneo ten unha parte competitiva na modalidade de trampolín (oficial da FGX) para os niveis base e escolar que se desenvolverá no Anexo entre as 11 e as 13 horas, sendo a entrega de medallas na Cancha Central. “Tratase de ofrecer unha oportunidade máis de competir nestes niveis que son os que máis adolecen de oportunidades competitivas”, apuntan dende o club organizador. Tamén no anexo haberá exhibicións de ximnastas de trampolín de nivel elite, “entre eles posiblemente os ximnastas pavillonistas que acudiron ao Mundial por Idades en Tokio.

 

 

De forma paralela, na Cancha Central desenvolversanse exhibicións de ximnasia en varias modalidades (rítmica, xeral, acrobática, etc.). “Será nesa mesma cancha onde poderemos ver a todas as ximnastas dos Clubs Pavillón e Escola Pavillón tanto de niveis escolar, promoción, base e absoluto, incluídos exercicios de rítmica masculina ademáis de exercicios de ximnasia acrobática a cargo do Escola Burgas e exhibicións de outros clubs e escolas da provincia. Contaremos tamén cunha exhibición de artes marciais a cargo do equipo Soywushu e outra de baile moderno de MVT Galicia”, engaden dende o Club Ximnasia Escola Pavillón Ourense.

Este evento ten un marcado acento festivo, organizado co obxectivo fundamental de que todos os ximnastas disfruten do deporte que lles gusta; pero tamén un importante compoñente solidario coa presenza de varias ONG’s “nun intento de darlles difusión e axudalas na súa labor”, aseguran dende o club. A Asociación Amencer estará presente na campaña coa Operación Kilo; Taller de Solidaridad realizará actividades cos pequenos e adultos durante o desenvolvemento do Torneo; e a Cruz Vermella informará sobre as Familias Acolledoras. Ademáis estarán presentes as Fundacións Canem, Anedia e Asociación de nenos, nenas e xoves con diabetes.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button