En portada

Máis de cen tipos de cervexa artesá en Ourense

A cidade acollerá do 18 ao 20 de setembro a 3ª Feira da Cervexa Artesá na Alameda
Un dos postos da pasada edición da Feira da Cervexa Artesá en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos postos da pasada edición da Feira da Cervexa Artesá en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cada vez máis as persoas que se afeccionan ás cervexas artesás galegas. Unha oportunidade para descubrilas e desfrutalas será a 3ª Feira da Cervexa Artesá de Ourense. Do 18 ao 20 de setembro a Alameda (praza de Pontevedra) da cidade converterase nun escaparate dalgunhas das marcas máis significativas do panorama ourensán, galego e, desta volta por primeira vez, internacional.

No recinto poderán degustarse máis dun cento de cervexas de calidade a un prezo de dous euros á caña e coa particularidade de que “todo o mundo que venda neste evento será o fabricante desa cervexa”, matizan dende a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, organizadora desta cita en colaboración con Áncora e o Concello de Ourense.

Haberá tamén concertos, concursos, maridaxes de queixos galgos con cervexa artesá, cursos, conferencias e xantares. Así para a animar o ambiente no mesmo recinto poderá desfrutarse coa música de The Tetas Van o venres 18 ás 22:30h., mentres que o día 19 actuará o grupo Blue Monk ás 22h. e o domingo ás 21:30h. The Pontiaks.

Artigos relacionados

Back to top button