CulturaCulturaÚltima hora

Máis dunha decena de folións percorrerán A Veiga na tarde do 25 de febreiro

O Fulión da Veiga nun desfile antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co Xoves de Compadres comezaba oficialmente o Entroido en moitas localidades entre as que está A Veiga. Este concello valdeorrés abría o programa cunha tarde de farelada e disfraces pero pero non será ata o martes día 21 de febreiro cando celebre os actos centrais: o defile de comparsas e folións polas rúas principais da vila a partir das 12:30 horas; e a XVII Festa da Soá no pavillón municipal a partir das 14 horas.

 

Personaxes do Entrudio na Veiga./ Foto cedida.

 

E xa pechando o Entroido, o sábado 25 de febreiro celebrarase a V Xuntanza de Fulións, organizada pola Asociación Cultural “O Son de Trevinca” coa colaboración do Concello da Veiga.

 

Un Booi e un Charrelo./ Foto cedida.

 

Comezará ás 16 horas e reunirá a máis dunha decena de fulións. Ata o momento están confirmados Buxán, Os Labregos, As Maceiras, Piñeiro, Bembibre, Fradelo, Petín, Tameirón, Carracedo da Serra, Mormentelos e Penouta e Ramilo.

 

Artigos relacionados

Back to top button