EconomíaEconomíaÚltima hora

“Máis que comercio”, no Barco CCA

A directora xeral de Comercio presentaba esta no Barco esta campaña de dinamización comercial
Rolda de prensa de presentación da campaña./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Rolda de prensa de presentación da campaña./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Chega ao Barco a campaña de dinamización comercial “Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!”. O acto de presentación da mesma tiña lugar na tarde do 2 de outubro e contaba coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e coa do presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángel Álvarez, entre outras autoridades.

Esta campaña pretende impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. Así durante o mes de setembro as persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local.

Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa, recibirá un recoñecemento público ao seu labor. Esta iniciativa da Consellería de Economía e Industria está a desenvolverse neste ano nos diferentes centros comerciais abertos de Galicia co fin de destacar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.

Sol Vázquez destacaba asemade o importante labor que se desenvolve dende o CCA barquense, ao que se refería como un dos de referencia en Galicia.

Detalle de cartaces promocionais desta campaña do Barco CCA./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Detalle de cartaces promocionais desta campaña do Barco CCA./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button